sábado, 24 de junio de 2017

Fin de curso

CURSO 2016/17

   O 23 de xuño rematamos o curso 2016/17 cunha celebración moi especial, pois cada ciclo presentou o seu traballo final do proxecto de centro "Luces, cámara e canción".
   Educación Infantil deleitounos con "Unha botella de paz", o primeiro ciclo de primaria co tema "Castañiñas caen", o 2º ciclo "O verán de San Xoán" e o terceiro ciclo con "Toc toc".
   Tamén gozamos do fantástico concurso "Un, dous, tres,  reciclamos outra vez" interpretado por Nerea, Esther e Nayra de 6º, e Sara María de 5º de Primaria.
   As nenas do "Obradoiro de baile" amosáronnos as súas dotes no baile.
   E, finalmente, tivemos unha ceremonia moi emotiva de despedida do alumnado de sexto de primaria, aos que lles desexamos moitos éxitos e un feliz verán para todos os xoaneiros!!!

Multicines

Un ano máis, de novo cartelera nos Multicines Campo de Chao!!!
Aventura, amizade e moita diversión nas sesións cinematográficas.

Xornada de convivencia

O curso está a piques de rematar e cunha boa saída de convivencia
o vimos de celebrar!!!
A Ares fomos a camiñar e dunha xornada de amizade gozar!!!




Canvivindo

Representantes do Concello e de CASAGA visitáronnos cos principais protagonistas da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia, para facernos ver a importancia do traballo destes animais de rescate.
Ademáis achegáronnos ás obrigas e coidados que precisan estes marabillosos animais.

Maios

O luns 22 de maio celebramos a festa dos maios!!!
   Empezamos a mañá cuns obradoiros de cociña (boliños preñados), outro de  composición de maios e un de baile.
   A continuación demostramos, un ano máis, que o noso son os bailes, non hai muiñeira nin danza que se nos resista. Acompañáronnos na celebración as nosas familias, o bo tempo e as gañas de pasalo ben!!!
   Aproveitamos a ocasión para facer entrega aos premiados no sorteo da ONCE das mantas de patchwork elaboradas polas familias da ANPA.
   Montaxe realizada polo mestre Jesús.

Mullernaxe

   Aquí tedes unha recompilación das actividades desenvoltas ao longo do mes de marzo, dedicadas á muller.
   Os nosos agradecementos a Ánxela Loureiro por compartir algunhas delas con nos.
   Montaxe realizada polo mestre Jesús. Música "Matriarcas" de Guadi Galego.

Apadriñamento Lector

   Anticipándonos ao Día do Libro (23 de abril) realizamos este venres pasado un Apadriñamento Lector no Xardín dos Valores.
   As lecturas dos padriños e madriñas fixeron as delicias dos seus afillad@s.
   Ademais tivemos a sorte de contar cun día marabilloso que nos acompañou na sesión de lectura!!!
   En breve, teredes no blogue da Biblioteca Ánxela Loureiro máis información ao respecto.